viernes 29 de junio de 2007

Por fín de volta...



Tróuxome de cabeza o fin de curso neste primeiro meu ano no insti.
Exame vai, exame ven, un mes longo sen tempo para entrar nen poder decir nadiña no blog,
ó final saiu todo ben.
Firmaba as mesmas notas agora mesmo para os tres anos de ESO que me quedan.
Ningún sufi, ningún ben...,
Entrego o último exame no instituto, e de seguido a preparar os exames de "cambio de grao, de 4º de grado elemental a primeiro de grao medio no conservatorio".
Agora,empezo a tomar os primeiros respiros.
E agardando a que pique o Lourenzo, baixalo pé do acelerador, tirar do freno de man, e á area, a romper olas, a batuxar na praia...
a , compatibilizando iso sí, os concertos, e pasacalles polas festas de Galicia coa miña banda.
Non o dou crido, a facer o que a un lle gusta, a rañala -con perdón- ata mediados de setembro.

domingo 13 de mayo de 2007

Raigame, a romaría.



Alá iremos, este 17 de maio día das letras, mirar o que hai de novo, participar e comelo pulpo.
De romaría, a Vilanova dos Infantes (ó ladiño de Celanova) .

O redor do seu castelo, oficios que se perderon, recuperados, e tamén os que ainda se resisten.
Este ano o día adícanllo a homenaxear ó etnógrafo don Xaquín Lourenzo, "Xocas", para elo unha exposición de carros do país dun coleccionista de A Merca nas rúas; é o máis sobresainte, e entre outras moitos acontecementos, músicas da terra, guiñoles, enredos e xogos populares para nenos...
Moita cousa, mellor vir para podelo contar despois, é fermosísima...
Para os quen nunca viñeran, aconsello que se suba á torre do castelo, vense os tellados das casiñas apiñadas que ruben de cara o castelo, ten unhas vistas envexables, vese boa parte da bisbarra.
O programa aquí con tódolos detalles.

martes 24 de abril de 2007

Fala.




Alicia crece, dedicame unha agarimosa entrada, debido ós números que sacou “La Voz” sobre a perda de galegofalantes. Andan a voltas coa lingua, por iso fago eu algo relacionado. Grazas, Rubén Rubial.

No meu instituto, na vila de Celanova, coido que se rompen as estadísticas, alí todos os meus compañeiros, dous centos e algo, falamos todos o galego. Xa se sabe, quitando pequenas excepcións.

Non sei tampouco se puiden estar eu nesas excepcións. É que algún día, tendo eu unhos tres anos cando fun por primeira vez á praia, -neste mar- ó querer facer castelos de area, e batuxar na auga con outros nenos da miña idade, descubrín que non falaban coma min. Ó chegar á casa pedínlle a meus pais cambiar de idioma. Alá nos vedes toda familia coma se tiveramos a boca chea de patacas, falando castelán. Aquela incomodidade durounos un día, pola noite eu convencido da incomodidade aquela, volvemos á mesma, e ata hoxe.

Eu,agora ,cando vou á praia, teño que acostumarme ó castelán e os meu amigos ó galego, pois cada un fala o idioma que máis lle gusta e entendemonos todos ben. Ainda que a un amigo de Navarra, e outros de Madrid, cóstalle un pouco entender o galego.


viernes 30 de marzo de 2007

Quen lle dá o chisqueiro ????????


Disto vai pra dous anos o terror foi no meu pobo (Rabal). Aquel día estaba moi contento. A noitiña viñeran uns curmáns meus para planear o día siguinte . Contabamos de ir ó encoro de Mugueimes , á Baixa Limia a pescar. Pero non poido ser. Ó estar eles marchando, dixo un deles:-¡"Mecajona cona, mirai, lume"!.
Se me virades a min berrar polo pobo arriba, ALUCINÁBADES. Saltaron as alarmas. Aquelo só eran bocinas, sereas, tractores...un inferno, unha noite interminable para min.
Naquela o lume papou cen hectáreas de monte. E que esta Serra, arde tódolos anos dende trinta.
Coido que un verán despois, colleume en Val Miñor, días ardendo, mesmamente unha guerra, as avionetas collendo auga no mar, e o océano confundíase co fume.
¿Para qué?.¿Por qué?.Non sei.
Rou, rous :¿Podería ser a política?.¿Ou tamen por asuntos de negocios das empresas madeireiras?.Pastos? .Xente dos batelumes?.
Oxalá este verán tódalas gamas de verde que a primavera está a compoñer, na paisaxe e nos bosques seguira, e houbera menos ou ningún incendio.
(Rebulindo nas fotos de meu pai, un dos poucos troncos de carballo que resistiron, agromando nove meses despois na Serra.)

miércoles 21 de marzo de 2007

Agradecementos e autobombo


O 17 deste mes cumpriu dous meses de vida este meu diario dixital, segundo o contador de estadísticas, non só o que teño colocado na marxe superior dereira -mil e pico-, senón o Google Analitics -a media un cento por semán-; que me dá valores a miúdo, no número de visitantes e comentarios, subo.


A subida,
debeuse ás palabras amables que me dedicou (o 1 de marzo) Marcos Valcárcel no seu blog, no diario El Pais, no Galicia Hoxe, e en La Región.. Unha reportaxe de Xosé Manuel Pereiro sobre o blogomillo en pequeño, no xornal El Pais, tamén axudou ó empuxe.

Disculpas, por non telo actualizado e responder ós comentarios como eu quixera, porque teño cousas que están denantes ca o diario.

A Marcos Valcárcel, a Xosé Manuel Pereiro, e a tódolos meus visitantes ocasionais, e comentaristas, moitas gracias a todos, polas inmerecidas gabanzas e polos ánimos…






sábado 17 de marzo de 2007

Un día coas maletas



O mércores día 14, fumos os alumnos de diferentes cursos do meu instituo,a unha excursión de normalización lingüística a Santiago. Fixemos bastantes visitas:

Mañán :

- A catedral. Nela visitamos o Apostol e demos os tres croques contra a columna. Tamén vimos unha especie de caixiña prateada onde estaban as súas cinsas.

-Logo asistimos a unha obra de teatro titulada :"Bicos con lingüa".Trataba da importancia da lingüa galega nas nosas vidas , e se a perdemos , perderáse a cultura de centos de anos de uso.

-O sair, acercámosnos á Porta Santa e estivemos nesa praza un bo cacho. Creo que a praza esa chamábase Quintana Dos Mortos.

A mediodía :

tratamos de ir xantar a un centro comercial chamado Área central. Alí, todas as rapazas foron de compras a tendas de roupa. Eu fun a unha tenda espiritual e merquei unha frauta para a miña colección. Fai a número 12. É feita de cana, comas escobas que houbo en tempos, vamos, comas que utilizaban as bruxas para voar.

Pola tarde:

-Parlamento Galego. Cando entramos discutía Quintana sobre o uso dos mandilóns dos pequenos nas galescolas .

-Mupega.(Museo Pedagógico de Galicia).Vimos alí material,xogos,mapas,berces de outros tempos…

Logo , volvimos para Celanova . Eu, polo camiño viñen tocando a frauta que merquei mentras lle daba a tabarra a o meu compañeiro Xan.

domingo 11 de marzo de 2007

O clásico dos clásicos.(3-3)



Onte estiven vendo o clásico. BARCELONA-REAL MADRID. Penso, que o Madrid xogou algo mellor, tamén foi por adiante todo o partido. A verdade e que este ,tivo moitas ocasións e non as soupo aproveitar.
Vin algo grande dentro de Messi. (Con só 19 anos meteu él os tres goles do barça...).Bueno tamen se beneficiou do efecto chorra, como llas pasaban todas......
Rematando: o Madrid non soupo gañar. Se tendes algo que criticar ou decir o respecto, abaixo comentádelo, que para iso estes inventos dos blogs!!!!.

viernes 9 de marzo de 2007

Carlos Casares


Únome á á proposta que me fai Márcos Valcárcel,
dende o blogge As Uvas na solaina:facerlle unha homenaxe o escritor Carlos Casares.

O libro de Carlos Casares que me lían os meus pais antes de adormecer é "A galiña azul", unha galiña de Lorenzo que puña ovos de cores...

A Carlos vino no entroido de Xinzo de Limia antes da súa morte rindo cun,
que ía revestido de espia cunha maleta de varios compartimentos na man.

E a miúdo nos vraus, pola noitiña estaba na terraza da cafetería David en Panxón, fumando tranquilamente un puro, tomándolle algo, falando nunha mesa, e tamén rindo.

Cando vou polo paseo marítimo de Playa América (Nigrán), recórdome sempre do seu sorriso ó ver as baldosas no chan escritas co nome dos seus libros.

A miña tía Chucha súa curmán ten unha boa parte dos artigos que se publicaron
candoel morreu , e nas comidas familiares
e nalgunhas sobremesas, falaba por veces,
da claridade dos seus escritos.


Eu traio aquí o texto dun programa de man das festas de
Xinzo do ano 1967 que mercou meu pai no rastro en Madrid,
que vaia como homenaxe :

(vese nunha foto -clicar nela para ampliar- cunhas vacas,
cruzando ó lado dunha ponte cun carro o leito dun río, será o Limia?)

jueves 1 de marzo de 2007

O MEU DIA DA SORTE

Hoxe foi un deses días que marcarán a miña vida. Aquí en Celanova é día do San Rosendo. Día santo.
As Marzas unha festa que se celabraba na vila tódolos primeiros de marzo, estréome, acompaño á banda a de música Municipal de Celanova no concerto, os nervios e a ilusión da primeira vez. Adrián, Abel, e máis eu ,dous novos saxos e un clarinete

Cando remata o concerto dinme que o fin de semana imos sábado e domingo dar un pasacalles e concerto , a Santo Tirso, Portugal.

Para rematar o día chego á casa entro, fago algunhas visitas ciberespaciais, e vexo que Marcos Valcárcel no se blo "As uvas na solaina", fala de min nunha entrada en exclusiva. Sorpréndeme, a súa xenerosidade, o certo e que eu xa o visitaba, pero alí fálase de cousas moi transcendentes da vida, e que eu por veces coas explicacións de meu pai vou entendendo, pero cóstame.
Cando lle preguntara a meu pai por primeira vez quen era MV., ensinoume un andel da biblioteca da nosa casa con polo menos unha dúcia de libros, persoas coma el non honran tódolos días un blo

Se non fosen pouco as alegrías do día visítame "Arume dos piñeiros" coido que dende Vigo, déixame un comentario, é o dono doutro blog sesudo, que eu incluín nun traballo de da revista de normalización linguística no instituto sobre blogues galegos.

miércoles 28 de febrero de 2007

AS TARIFAS EXCESIVAS DE TELEFONO


HOXE,A 28 DE MARZO DE 2007,TES QUE INTENTAR NON PRENDELO MOBIL PRA NADA.ISTO FAISE PARA PROTESTAR.¿POR QUE SE PROTESTA?.R-SUBIRON MOITO AS TARIFAS.UN SIMPLE "TOKE" XA CHECOBRAN 0,15 CENT. E POLO ESTABLECEMENTO DE CHAMADA...NON O SEI XUSTO PERO CREO QUE 50 CENTIMOS.ESTO PASA EN VODAFONE PERO EN MOVISTAR NON SEI.

domingo 25 de febrero de 2007

O ENTROIDO



Entre este cabo de semana pasado e o martes de entroido, tocou disfraces. O venres no instituto os da miña clase eleximos ir á clase todos con roupas imitando ós bébedos. O sábado fun ós ensaios da banda de señora dos 60. O domingo, os da miña casa fumos de miróns ó desfile do carnaval a Ourense, moita cousa importada, desentoaron as fitas de cores, moitas ás e imitacións brasileiras. Morre o carnaval de raíz ourensán.

O Martes pola mañán acerqueime co meu irmán e co meu pai ás Teixugueiras, unha aldea de Cartelle, que conserva un curioso entroido : nun carro de vacas, colocan un meco, a xente turran por un sedeño con cahavellas, dende o cabezallo do carro. Sóbeno dende a aldea ó cume dun monte, e logo volta de novo ó pobo. Neste recorrido hai que ter coidado de que non se revolvan, que o carro e o meco pode asoballarte, o meco é o que manda, non pide permiso para pasar. O ano pasado arrasaron por diante cós pés dun canastro e polo tanto o canastro caeu dereitiño ó chan. Outros anos, máis dun ten ido ó hospital endereitar pernas rotas. Alí encontramonos cuns amigos de Vigo, Pepe e Miguel.
Este mesmo día pola tarde tocou ir a Xinzo, coma sempre moita comparsa, a cor das típicas pantallas, e certa escaseza de xente, quizais polo frío .Aquí vos deixo unha fotografía miña disfrazado de muller.

miércoles 7 de febrero de 2007

celanova

asi e a miña vila.dicide a verdade ,¿celanova e bonita ou non?.

jueves 1 de febrero de 2007

O DIA DA PAZ


HOLA .A VERDADE E QUE NON TEÑO MOITO TEMPO DE ESCRIBIR.HOXE,COMO E MERCORES,E NON TEÑO CONSERVATORIO,APROVEITO PARA VOS CONTAR ALGO:
DIAS PASADOS, CELABROUSE O DIA DA PAZ.¿SABEDES PORQUE SE CELEBRA?.POLA MORTE DE UN SEÑOR CHAMADO GANDHI QUE QUERIA QUE A INDIA SE INDEPENDIZARA ,PORQUE ESTA ESTABA DEPENDENDO DE GRAN BRETAÑA.UN FANATICO MATOUNO. DICIA QUE NON SE PODIA INDEPENdIZAR UN SEN ARMAS, E COMO GANDHI DIXO O CONTRARIO,ASI FOI,MATOUNO.ESE DIA, O 30 DE XANEIRO CELEBRASE O DIA DA PAZ CONMEMORANDOO.

martes 23 de enero de 2007

O MEU INSTITUTO




Hola de novo.Estudo no ies de celanova.E un claustro moi bonito,creo que do Barroco. Somos dos poucos rapaces de España que temos este luxo de instituto.O Claustro do Poleiro é o que na actualidade alberga as dependencias do I.E.S. de Celanova. Despois das súas funcións monacais, tra-la desamortización do século XIX tivo distintos usos –incluído o de Prisión Central- durante a Guerra Civil e os anos seguintes (1938-1943) ata que foi restaurado e destinado para fins educativos, recibindo no ano 1984 o primeiro premio “EUROPA NOSTRA”.Si os celanovenses se senten orgullosos de algo, é sen dúbida do seu patrimonio artístico, deste mosteiro.Celanova tamen pode lucirse de que ten grandes poetas.Sobresaen Manuel Curros Enriquez,Celso Emilio Ferreiro, Méndez Ferrín...

viernes 19 de enero de 2007

A MUSICA



UNHA DAS COUSAS QUE MAIS ME GUSTAN E A MUSICA.TOCO O SAXSOFÓN,A FRAUTA DOCE,A BANDURRIA UN POUCO O PUNTEIRO E OUTRO POUCO A GUITARRA.O SAXOFON APRENDIN A TOCALO NO CONSERVATORIO DE CELANOVA.A FRAUTA OBRIGABANMA A TOCAR NO COLEXIO.A BANDURRIA,NO CORO E RONDALLA DO COLEXIO(CURROS ENRRIQUEZ)..E A GUITARRA MIÑA TIA.AGORA XA VOU EN 4ª DE SOLFEO AUDICIONS E SAXOFÓN.E EN TRAMITES DE ENTRAR NA BANDA MUNICIPAL DE CELANOVA.A MUSICA GUSTAME.

miércoles 17 de enero de 2007

chiste

CÓMO SE POÑEN AS NOTAS

DEPARTAMENTO DE ESTATÍSTICA: Colócanse os estudiantes por orde alfabética sobre unha gráfica, distribuidos ao longo dunha gaussiana.
DEPARTAMENTO DE PSICOLOXÍA: Os estudiantes fan un debuxo no exame, e o profesor pon a nota de acordo co primeiro que lle suxire o debuxo.
DEPARTAMENTO DE COMPUTACIÓN: Usa un xenerador de números aleatorios.
DEPARTAMENTO DE HISTORIA: Cada estudiante recibe a mesma nota que o ano anterior.
DEPARTAMENTO DE RELIXIÓN: Deus pon as notas. (Inapelable)
DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA: ¿Para qué queredes notas?
DEPARTAMENTO DE DEREITO: Os estudiantes teñen que defender por qué se merecen un sobresaliente.
DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS: As notas son variables aleatorias.

***

­¡Papá, papá!, ¿podes facerme o problema de matemáticas?
-Non fillo, non estaría ben.
-Bueno, inténtao de todas formas.

OS GATOS E OS CANS



OS MEUS ANIMAIS FAVORITOS SON OS CANS E OS GATOS.AGORA HAI UNHAS NOVAS MODAS DE OS ANDAR AFORCANDO.....COMO OS GALGOS QUE SON VICTIMAS CADA DIA DE MALTRATOS.SE QUERES DESFACERTE DO TEU CAN OU GATO NON O AVANDOES NIN O MATES CHAMA A UNHA PERREIRA :
-DE OURENSE:988-212-939
-DE LUGO:600 548 849
-DE A CORUÑA:981-154-488

O VAGON DESCONSOLADO

Na maña do décimo día de marzo, que caía a venres un vagón de ferrocarril que quedara dormido a noie anterior, de canso que estaba ,atopouse nunha estacion que , así de primeiras lle resultou descoñecida.Estaba nunha via apartada polo que se sentiu desorientado e tamen, porque negalo ,cunha miguita de medo xa que o apalpar tras e diante del decaouse de que non tiña ningun compañeiro enganchado nel.estaba so e aquello non era normal.


Era un vagón de primeira clase cando era novo, agora que xa e vello nadie lle daba moito aprecio.Era du tren que se chamaba``RENFE3233´´,era o mellor dos trens despois do ``AVE´´. No ``RENFE 3233´´habia que ser moi bo vagon para que te colleran. Xavier que asi se chamaba o noso vagon , pensaba :¿Deixarianme irgue xa non son bo vagon?, tamen o mellor porque lle caio mal, e o vagon quedou pensando ata que se dermiu .A mañan segunte despertou e viu un tren , noviño ,recen pintado de azul e branco,e Xavier dixolle,¡ ei tu ``nafrodita´´! ¿sabes porquexa non me queren os meus compañeiros os meus compañeiros?.O outro vagon dixolle : non e que te deixaran e que como es tan vello e agora non te pode desprazar por as novas vias, o comité de trens,decdiu levarte on museo, asi non estaras cansado non te moveras e chamaras a atención.Pero non te creas que e un museo calquera e o Wurlin, o mais importante de españa. Eu substituireite, faereille compaña os teus compañeiros,ata logo, despediuse o tren novo.Xavier esperou impaciente a que o viñeran recoller.


Dali ons tres dias ,veu unha grua moi moi grande para transportar a Xavier o museo. Cando xavier chegou o museo impresionouse moitisimo,situarono nunha cristaleira.o dia seguinte cando abriron as portas do museo,toda a xente miraba para el,non estaba cansado e non pasa ba fame.O vagon pasou asi toda a sua vidae aprendeu que en ninguns momentos da vida se poden perder a esperanza.